A banda de metal Invivo publica novo disco, Cárcavas, tras a experimentación dunha metamorfose. As modificacións apareceron motivadas a raíz duns problemas na voz orixinal do grupo, Mario César a inicios de 2013. Cos temas practicamente rematados para entrar no estudo, deciden apostar polo paso da testemuña do micro a Roberto Filgueira.
Invivo presenta agora Cárcavas, a forza da natureza arrasando as terras malas, abrindo longas fendas, físicas e emocionais,…
Producido por Iago Pico e Invivo nos Pousada Son Estudios de Ames (A Coruña) entre novembro de 2013 e marzo de 2014, cun deseño de Laura Riveiro e vídeo oficial ideado e dirixido por Lois Rodríguez.