Musikaze.com

» Grupos » Fanny+Alexander » Noticia

Regístrate aquí

subir a: Noticias

"Finais dos 70s, comezos dos 80s", o novo disco de Fanny + Alexander

Lunes, 29 de Octubre de 2007

Os composteláns Fanny + Alexander voltan con "Finais dos 70s, comezos dos 80s" , un segundo traballo no que de novo estenden os límites do pop galego a base da mestura desacomplexada de estilos, tradicións e sensibilidades. Nos doce temas que fan parte do disco o dúo deixa poucos paus contemporáneos sen tocar, dende o pop electrónico de "María Silenzo", "Amei-te tanto" ou "Funcionaria ou estudante" até o ton New Wave de "Danzarei para ti... se botas outra moeda" , pasando por experimentos coma "Postpunkdeirada" -un tema que ven ser un novo estilo musical en sí mesmo- ou "Cando eu era mozo" , unha boutade en clave R n' B que soa coma o faría Timbaland se tivese o seu estudo nunha palloza do Cebreiro e no que participa coma convidado estelar Carlos Valcárcel AKA Projecto Mourente. Continuando coa liña iniciada no seu debut, Lusco e Fusco, as letras de todos os temas son adapatacións de obras de poetas galegos (María do Cebreiro, Lois Pereiro, Daniel Salgado, Ricardo Carvalho Calero, Elvira Riveiro, Pilar Pallarés e Minus Bálido Rodriguez), incluindo ademáis coma bonus track "Berlín", o spoken word de María Lado musicado polo grupo, asi coma dúas remesturas a cargo de Projecto Mourente e unha peculiar versión de The Smiths.

O disco, editado baixo unha licenza Copyleft polo netlabel A REGUEIFA PLATAFORMA, distribuido por Lonxa Cultural e que chegará no seu formato físico a todas as tendas esta mesma semana, pódese mercar xa online en www.trastenda.com e/ou descargar de balde en formato dixital en www.aregueifa.net

Coincidindo coa saída do disco o dúo estrea ademais videoclip dun dun dos temas do novo traballo "Amei-te tanto". Pódese ver en youtube premendo aqui.

comentarios
(no se ha recibido ningún comentario)
Para enviar comentarios debes ser usuario de Musikaze y estar registrado.
REGÍSTRATE EN MUSIKAZE
Si ya eres usuario de Musikaze, identifícate aquí debajo.
ID de Usuario:
Contraseña:
NUEVO USUARIO DE MUSIKAZE
Si aún no eres usuario de Musikaze, pincha aquí para registrarte.


Título:
Comentario:

Próximos Conciertos »

(no hay conciertos disponibles)


Twitter

Facebook